lunes, 24 de octubre de 2016

Un novo viaxe para "Os piratitas"



Os piratitas o venres 21 de outubro comezaron o seu viaxe por augas de América do Sur, no que permaneceran durante uns meses. Despois de ser presentados e de entregarlles a súa bitácora de viaxe deu comezo o alzado de anclas, a saída do porto e os primeiros movementos de navegación.

Desexamos que teñades unha boa travesía e vémonos ao remate para que nos contedes.

Moitas grazas e boa viaxe!!

sábado, 15 de octubre de 2016

BENVIDOS A NOVOS VIAXES (Curso 2016-2017)





 Comeza un novo curso, e dende a B.E. afrontámolo con ilusión e con ganas de continuar fomentando o hábito de lectura do noso alumnado, co obxectivo de axudarlles a medrar en coñecementos.
Este ano poñemos rumbo norte e diante de nós preséntase o apaixonante mundo da lectura,cheo de novas aventuras, novas xentes, viaxar ao longo do tempo e que os libros nos trasladen dun lugar a outro facéndonos vivir as historias dos seus heroes, de diversas épocas, lugares fantásticos será o noso tesouro. Neste curso temos un grupo de “Piratitas”, de trece alumnos/as, de 1º ESO e 2ºESO, teremos tamén un club de Física e Química, de Bioloxía e Tecnoloxia, e de Música.   



O Club de Física e Química iniciou o xoves 13 a súa viaxe, cheos de ilusión e intriga polo que acontecerá neste tempo de navegación.

Dende aquí desexámosvos moita sorte e boa travesía. Cando cheguedes ao porto, tedes que contar a vosa bitácora de viaxe. 


domingo, 29 de mayo de 2016

VISITA CURTIS



O 23 de maio visitou o noso IES os alumnos/as do IES Curtis acompañados das súas profesoras, devolvéndonos así a visita que nos lles fixemos.

A xornada  que  comezou as 10:30 e rematou as 16:00 , tivo chea de actividades interesantes e para mostra todo o reportaxe fotográfico a continuación.

Esperamos volver a repetir.







BO VERÁN!!

viernes, 6 de mayo de 2016

2 de MAIO



O día 2 de maio os “piratitas” e os alumnos de 1ª e 2ª da ESO, fixeron a súa xornada académica en Curtis.
A saída as 9.30h. do IES Enrique Muruas en A Pontenova
Chegada as 11:15 ao IES de Curtis
Presentacións
Mesas redondas na Biblioteca Escolar
Visita aos Talleres de Formación Profesional
Descanso e saída a Betanzos
Recorrido polas rúas da vila
Chantar no parque
Recorrido e xogo no parque do “Pasatempo”
Despedida ata a visita ao noso centro dos alumnos/as do IES de Curtis o próximo 23 de maio. 
Un día cheo de emocións e benestar.