Os días 16 e 17 de outubro fai unha semana que
levamos anclas. Unha vez repartidos os elementos que nos permitiran ter unha
boa travesía, demos a coñecer as viaxes aos “Piratitas” e aos “Piratas”.
Os “Piratitas” surcarán o mar de “O agasallo de
Anya”, cuxa autora é a nosa querida compañeira “Sabela Núñez Singala.
Novela que nos vai levar por un mar no que imos
divisar dous horizontes distintos. Ao longo da viaxe imos poder contemplar unhas
paisaxes moi bonitas grazas aos trazos do ilustrador “Xosé Tomás”.
Os “Piratas” surcarán o mar “Un radiante silencio”
de “Agustín Fernández Paz”, é un autor moi coñecido polos nosos viaxeiros,
neste mar faranos sentir o gusto de navegar pola lectura en só 54 millas, nas
que navegamos por: especulacións,
descripcións, emocións, inseguridades e desenlaces e que indica outros portos
nos que nos podemos tamén anclar.
Gozaremos dunhas maravillosas vistas grazas ao
ilustrador “Pablo Auladell” .
Na primeira baixada ao porto, tanto “os piratas como os piratitas”, manifestaron ampliamente o seu entusiasmo e fascinación polas viaxes propostas.
Grazas e … a seguir
disfrutando!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!