martes, 30 de diciembre de 2014

viernes, 12 de diciembre de 2014

OS PIRATITAS COLLEN DE NOVO RUMBO

Nesta ocasión imos cara Asturias, concretamente Xixón.

A novela "La Perrona" de Vicente Muñoz Puelles", foi o libro elixido para o novo rumbo.
A obra resultou galardonada co I Premio de Literatura Infantil "Libreros de Asturias" 2005.



Na presentación do libro prestamos atención á portada, á ilustración, falamos sobre os elementos que aparecen, quçe pode significar o título, qué pistas hai sobre o posible argumento da novela.

Nun mapa político de Europa, iremos marcando o percorrido dos nosos protagonístas con barquiños feitos de papel.
 

Ao regreso do Nadal, falaremos de todo isto.

¡¡¡¡FELIZ NADAL!!! 

jueves, 4 de diciembre de 2014

UN ESTUPENDO FINAL



Os piratitas tamén soltaron lastre e ... dunha forma estupenda, xa que se encontraron coa autora de "O agasallo de Anya",  Sabela Nuñez Singala, e puideron compartir con ela esa estupenda lectura coa que estivemos inmersos durante varias sesións.
 

Sabela apareceu coa súa maletíña , cunha amplo sorriso e ansiosa de ver os piratitas. Por outra parte, os piratitas tamén desde primera hora da mañá estaban ansiosos de provocar o encontro, pois comezaron a chegar os primeiros postres para compartir con todos e regalar a Sabela.


Na semana anterior entre todos fixemos un pequeno caderno que serviu para escribir todas as conclusións e agradecemento por unha lectura tan chea de valores, e que ela hoxe levou cunha grande ilusión na súa maleta que pouco a pouco se vai enchendo de  pequenos obxectos que teñen un denominador común.


GRAZAS POR RECORDARNOS ONDE ESTÁ REALMENTE A FELICIDADE :) :)