sábado, 12 de diciembre de 2015

CELEBRACIÓN



Chegan as ansiadas vacacións e o "Clube de Lectura" celebrou onte día (11-12) a despedida de este trimestre e tamén o final do libro "A banda sen futuro".
Así esperaba a B:E: aos seus piratítas



 e así pasou o tempo da reunión, entre conclusións interesantes e cousas positivas: 



 
 valor da amizade


respeto



 






 tolerancia



paciencia




 aceptación do diferente









Xa temos outro libriño para comezar as nosas vacacións “Bala perdida” título suxerente que  nos aportará momentos estupendos.

Bos desexos para estas vacacións

Feliz Nadal    

sábado, 24 de octubre de 2015

PRIMER DÍA DE REUNIÓN DOS PIRATITAS

O 23 de outubro os piratitas tiveron a súa primeira reunión e así  pasou o tempo,entre libros, carnets, cadernos, fichas de datos,escribindo, xantando e falando.

miércoles, 14 de octubre de 2015

HORARIO DE REUNIÓNS


Un novo rumbo

Os piratas izan a bandeira para poñer rumbo norte hacia o apaixonante mundo da lectura, seguir viaxando ao londo do tempo e que os libros nos traladen dun lugar a outro facéndonos vivir as historias dos seus heroes, de diversas épocas, lugares fantásticos serán o noso tesouro.
O día 23 de outubro temos a primeira reunión as 12:05 na Biblioteca Escolar.Os convocados son:




martes, 9 de junio de 2015

BOAS VACACIÓNS



ACABA O CURSO 2014/15 NO IES ENRIQUE MURUAIS

E O CLUB DE LECTURA “OS PIRATAS DO EO” DESPÍDENSE ATA SETEMBRO


Os “piratitas” e os “piratas” do Club de lectura do IES Enrique Muruais de A Pontenova quere despedirse desde o blog cun: Ata o vindeiro curso!!



Coas nosas reunións semanais conseguimos crear un espazo único no que demos cabida á análise e á reflexión, compartido ideas e sentimentos. E todo mediante o xogo e o diálogo libre, que permitiu manifestar dúbidas, saciar curiosidades, e, sobre todo, coñecernos un pouquiño mellor e pasar momentos moi agradables. E todo esto arredor dun libro, que marabilla!... e dalgunha lambetada!!



A ninguén lle importou ser ou non o alumno máis brillante da clase, o máis ou menos popular, o mellor ou o peor deportista. Aquí só nos importa saber que desfrutas coa lectura.



Comezamos o curso desfrutando con “O agasallo de Anya” de Sabela Núñez Singala, profesora do noso Centro e coa que poidemos conversar sobre a súa experiencia. Continuamos con outras obras de Alfredo Gómez Cerdá, autor que tamén nos honrou coa súa visita. Seguimos con Vicente Muñoz Puelles, Daniel Glattauer, Isaac Asimov e finalizamos con Carlos Negro. Ah!! e non olvidar que recibiremos a Carlos Negro o 29 de setembro do novo curso.



Esperamos seguir adentrándonos no mundo da imaxinación con novelas de misterio, romántica, ciencia-ficción, cómic, realista ou fantástica… Pero no próximo curso que AGORA IMOS DE VACACIOOOOOOOOOOOOÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




miércoles, 27 de mayo de 2015

SAIDA A VIVEIRO

Alumnos@s do CLub de lectura e ENDL compartiron o día 19 de maio unha viaxe a Viveiro, para visitar aos compañeiros do Clube de lectura do IES Mª Sarmient, ademáis de aproveitar a viaxe para obter máis coñecementos nos campos: xeográfico-histórico, artístico e medioambiental, a seguinte reportaxe fotográfica así o reflexa.
Dende aquí grazas as persoas que tiveron contacto con nós e que nos fixeron pasa
rumbo día coa súa profesionalidade e amabilidade.


















lunes, 20 de abril de 2015

Nueva Lectura

Comenzamos unha nova lectura "Penúltimas tendencias", libro que compartimos cos Clubes do IES María Sarmiento de Viveiro xa que xunto co Normalización Lingüística faremos un intercambio no mes de Maio
Autor: Carlos Negro
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran unha fenda nos valos, máis alá da faiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. porque medra é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.
Temos pensado as seguintes actividades para compartir coa lectura:
Ver a peli "As mulleres de verdade teñen curvas"
En internet o comic "A Cenicienta que non quería comer perdices".

viernes, 27 de febrero de 2015

UNA TARDE ESTUPENDA

Unha historia de piratas, un caderno de matemáticas e moita imaxinación son a mistura perfecta para comezar a esbozar historias aderezadas por unha imaxinación sen fin. O noso  agradecemento para Alfredo leva, pois, parte deses soños que el tan ben nos soubo transmitir, pois grazas a el sabemos que estes poden ser posible.

Aparte de ensinarnos o que podemos chegar a alcanzar todas aquelas metas que nos propoñamos resultounos moi gratificante a súa forma amena, e divertida de solventar todas aquelas dúbidas que rondaban pola nosa mente trala lectura dos seus libros.
Na nosa cabeza quedan, pois, as reflexións acerca das consecuencias das accións que, a miúdo, non toman referentes éticos e son motivadas pola incomunicación entre as persoas.


A súa cercanía a seguridade e a confianza que nos desprendía axudou a tender unha sólida ponte entre cada un dos que o estábamos escoitando e a súa prolifera imaxinación. Así mesmo, foron moitos os/as que, sen dúbida, se identificaron con esa especial conexión coa escritura, que ben podia ser calquera outra arte ou disciplina.


Non nos queda máis por dicir que, como piratas que somos aprendemos unha boa lección que ha de fortalecer con total seguridade, a nosa forma de ver o mundo e de relacionarnos entre nós. seguimos vagando polos mares do mundo literario intentando buscar novos destinos pero tendo sempre claro que xa atopamos o mais fermoso dos tesouros..........














viernes, 20 de febrero de 2015

PASOS DE MARIONETA

A liberdade é unha palabra de semántica ampla e moi complexa no que á súa aplicación social se refire.   Pasos de Marioneta é una boa posta en escena desta complexidade. Así mesmo, a ética, o efoismo, a inxustiza, os prexuizos, a amizade… son conceptos que axudan a vertebrar o núcleo temático desta historia un claro exemplo das difíciles conductas do ser humano. Noelia

Neste caderno de bitácora no que navegamos durante varias semanas, Alfredo, quere facérnos unha reflexión aos capitáns, chamándonos a prestar máis atención a escoita, a observación e a dirección da tripulación coa que viaxamos, xa que, vai un poquiño a deriva, e fase necesario o aprendizaxe da “reflexión antes da actuación”, “o uso correcto da liberdade” e tamén “a responsabilidade dos nosos actos”, co fin de ter una ¡¡boa chegada a PORTO!!. Elena

Gracias por plantearnos una reflexión ética sobre nuestra sociedad, sobre la forma de tratar determinadas noticias en los medios de comunicación y sobre el gran poder de una mentira. Mercedes


EL TESORO MÁS PRECIOSO DEL MUNDO

No club de lectura vimos como "Flor" ía a todas partes cunha maleta na que gardaba títeres e "Nomeacuerdo" era un escritor cunha imaxinación desbordante ao que se lle olvidaban as cousas. Xuntos montaron unha divertida obra de teatro que saltou das páxinas do libro ao noso club. Tamén vimos como nesta obra se combinan dous xéneros literarios, a narrativa e o teatro de títeres. Foi un libro entretido que lemos "de boa gana", divertiunos e aprendemos moito cos personaxes. Flor e Nomeacuerdo chegaron a unha grande amizade, "El tesoro más precioso del mundo", creando unha obra na que mostran o que pensan e sinten. Despois da representación, descubrimos que hai outro tesouro igual ou máis precioso, o amor. E para rematar, esperamos con ilusión a visita do autor Alfredo Gómez Cerdá ao noso centro, o vindeiro mércores 25 de febreiro.