viernes, 27 de febrero de 2015

UNA TARDE ESTUPENDA

Unha historia de piratas, un caderno de matemáticas e moita imaxinación son a mistura perfecta para comezar a esbozar historias aderezadas por unha imaxinación sen fin. O noso  agradecemento para Alfredo leva, pois, parte deses soños que el tan ben nos soubo transmitir, pois grazas a el sabemos que estes poden ser posible.

Aparte de ensinarnos o que podemos chegar a alcanzar todas aquelas metas que nos propoñamos resultounos moi gratificante a súa forma amena, e divertida de solventar todas aquelas dúbidas que rondaban pola nosa mente trala lectura dos seus libros.
Na nosa cabeza quedan, pois, as reflexións acerca das consecuencias das accións que, a miúdo, non toman referentes éticos e son motivadas pola incomunicación entre as persoas.


A súa cercanía a seguridade e a confianza que nos desprendía axudou a tender unha sólida ponte entre cada un dos que o estábamos escoitando e a súa prolifera imaxinación. Así mesmo, foron moitos os/as que, sen dúbida, se identificaron con esa especial conexión coa escritura, que ben podia ser calquera outra arte ou disciplina.


Non nos queda máis por dicir que, como piratas que somos aprendemos unha boa lección que ha de fortalecer con total seguridade, a nosa forma de ver o mundo e de relacionarnos entre nós. seguimos vagando polos mares do mundo literario intentando buscar novos destinos pero tendo sempre claro que xa atopamos o mais fermoso dos tesouros..........














viernes, 20 de febrero de 2015

PASOS DE MARIONETA

A liberdade é unha palabra de semántica ampla e moi complexa no que á súa aplicación social se refire.   Pasos de Marioneta é una boa posta en escena desta complexidade. Así mesmo, a ética, o efoismo, a inxustiza, os prexuizos, a amizade… son conceptos que axudan a vertebrar o núcleo temático desta historia un claro exemplo das difíciles conductas do ser humano. Noelia

Neste caderno de bitácora no que navegamos durante varias semanas, Alfredo, quere facérnos unha reflexión aos capitáns, chamándonos a prestar máis atención a escoita, a observación e a dirección da tripulación coa que viaxamos, xa que, vai un poquiño a deriva, e fase necesario o aprendizaxe da “reflexión antes da actuación”, “o uso correcto da liberdade” e tamén “a responsabilidade dos nosos actos”, co fin de ter una ¡¡boa chegada a PORTO!!. Elena

Gracias por plantearnos una reflexión ética sobre nuestra sociedad, sobre la forma de tratar determinadas noticias en los medios de comunicación y sobre el gran poder de una mentira. Mercedes


EL TESORO MÁS PRECIOSO DEL MUNDO

No club de lectura vimos como "Flor" ía a todas partes cunha maleta na que gardaba títeres e "Nomeacuerdo" era un escritor cunha imaxinación desbordante ao que se lle olvidaban as cousas. Xuntos montaron unha divertida obra de teatro que saltou das páxinas do libro ao noso club. Tamén vimos como nesta obra se combinan dous xéneros literarios, a narrativa e o teatro de títeres. Foi un libro entretido que lemos "de boa gana", divertiunos e aprendemos moito cos personaxes. Flor e Nomeacuerdo chegaron a unha grande amizade, "El tesoro más precioso del mundo", creando unha obra na que mostran o que pensan e sinten. Despois da representación, descubrimos que hai outro tesouro igual ou máis precioso, o amor. E para rematar, esperamos con ilusión a visita do autor Alfredo Gómez Cerdá ao noso centro, o vindeiro mércores 25 de febreiro.

domingo, 8 de febrero de 2015

OUTROS VENTOS

Os piratas e os piratitas botan as anclas dos seus navíos “Yo Robot” e “La perrona” , para facer o trasvase a outros barcos,"Pasos de marioneta "                                   "                                          









 e " El tesoro más precioso del mundo", 



do autor Alfredo Gómez Cerdá, que o día 25 de febreiro virá a este porto para falar dos seus tesouros nos que estamos varados. Xa estamos preparados con todas as cartas de navegación para rematar esta aventura da mellor maneira.


Esperamos que sopre un bo vento e que a travesía se faga sen contratempos atmosféricos!!